Novas charlas informativas de Ternera Gallega no mes de abril sobre Planificación da Produción
Novas Charlas informativas de Ternera Gallega no mes de abril sobre Planificación e regularización da produción de vacún de carne.
Celebraranse no mes de abril nos concellos de Paradela, Láncara, Baralla, Lugo e Friol.
A IXP ofrecerá charlas informativas, nas que tamén participará ACRUGA, para informar aos gandeiros da situación actual do mercado e da importancia e interese da programación dos partos para acadar a regularización productiva na IXP.
Consciente da importancia da planificación para lograr a regularización da produción a fin de acadar mellores prezos e consolidar a posición da carne de Ternera Gallega no mercado, a Indicación Xeográfica Protexida segue a celebrar nunha serie de charlas informativas nos principais concellos galegos produtores de carne de vacún de calidade en Galicia.
Dirixidas fundamentalmente aos gandeiros, as sesións analizarán en profundidade a situación actual do mercado de vacún de carne e tentarán dar resposta ás dúbidas e consultas máis frecuentes en materia de produción e reprodución dos rabaños, así como buscar as solucións técnicas máis axeitadas para resolver os problemas que se presentan na práctica cotiá do manexo do gando nas explotacións.
O calendario para este mes de abril é o seguinte:
Paradela: Xoves 7 de abril ás 20,00h. – Centro Sociocultural Manuel Orestes
Láncara: Xoves 14 de abril ás 20:00h. – Centro Polifuncional
Baralla: Luns 18 de abril ás 20:00h.- Centro Sociocultural e Xuvenil de Baralla
Becerreá: Martes 19 de abril ás 20:00h.- Casa da Cultura
Lugo: Luns 25 de abril ás 20:00h.- pendente lugar
Friol: Xoves 28 de abril ás 20:00h.- Centro Sociocultural