Charla de Ternera Gallega na sede de UNAE en Barcelona

No marco da XX edición do Salón Internacional de Alimentación e Bebidas Alimentaria 2014, que se celebrou do luns 31 de marzo ata o 3 de abril, en Barcelona, Ternera Gallega desenvolveu unha serie de accións informativas e promocionais para dar a coñecer a carne amparada pola Denominación.

A  IXP impartiu unha charla informativa á asociación de consumidores UNAE Barcelona para explicarlles aos consumidores finais os aspectos nutricionais e culinarios das carnes de vacún de calidade. 

O seu programa de actividades inclueu xuntanzas de traballo coas principais firmas da distribución, degustacións de Ternera Gallega nunha zona especialmente habilitada para este cometido e un encontro cos profesionais da carne que tivo  lugar o luns 31 no expositor da Xunta de Galicia. Unha xuntanza cos carniceiros de Barcelona na que se achegaron puntos de vista sobre a IXP e a súa actividade.