A Xunta fomenta as razas autóctonas de Galicia coa convocatoria das axudas para 2014

(medioruralemar.xunta.es 05/07/2014) Estas subvencións van dirixidas a organizacións ou asociacións de criadores sen ánimo de lucro. O prazo de presentación de solicitudes é de un mes contado a partir de mañá. A Consellería do Medio Rural e do Mar potencia as razas autóctonas de Galicia coa convocatoria das axudas para 2014. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases que regulan a concesión destas axudas e se convocan para este ano. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir de mañá.
 Os beneficiarios destas axudas son as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas que carezan de ánimo de lucro e que estean oficialmente recoñecidas para a xestión do libro ou libros xenealóxicos da raza ou razas autóctonas españolas.
As actuacións que poden ser obxecto de subvención son, por exemplo, a creación ou mantemento de libros xenealóxicos ou as que se deriven do desenvolvemento do programa de mellora oficialmente recoñecido para a raza.
Contía das subvenciónsA contía total das axudas non poderá superar un máximo de 60.000 euros por raza e anualidade. Tampouco poderá ser superior nin ao custo total da actividade obxecto da axuda nin aos límites establecidos pola normativa comunitaria.