‘MóveT’ con Ternera Gallega

A Indicación Xeográfica Protexida organizou, na capital de Lugo, a I Carreira Popular Ternera Gallega.

Co apoio do Concello lugués, a iniciativa englóbase no programa conmemorativo do XXV aniversario da Denominación, e xorde cun marcado carácter lúdico-deportivo e de promoción de hábitos de vida saudable. 

Homes e mulleres, adultos e pequenos de todas as idades participaron nesta carreira, facéndonse con numerosos e variados premios e agasallos. 

o peche da competición, ofreceuse unha degustación da carne certificada pola IXP, na que colaboraron marcas alimentarias e de bebidas tan recoñecibles como a IXP Pan de Cea, Fontecelta ou Feiraco.

Dentro do programa conmemorativo do XXV aniversario, a Indicación Xeográfica Protexida organizou, este pasado sábado, 13 de setembro, en Lugo, a I Carreira Popular-MóveT con Ternera Gallega.

En colaboración co departamento de Deportes do Concello de Lugo, a cita convidou á participación de todos os homes e mulleres de todas as idades que puideron ‘movérense’ con Ternera Gallega e optar a numerosos e variados premios. Como broche final, a IXP ofreceu unha degustación de carne para todos os atletas na que colaboran tamén outras firmas alimentarias galegas como a Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, Augas Fontecelta e a cooperativa láctea Feiraco.

Esta iniciativa é unha mostra máis da firme aposta que Ternera Gallega vén facendo polos hábitos de vida saudable a través do deporte, do consumo responsable, do fomento da dieta equilibrada e da cooperación con outros produtos alimentarios que cumpran coas máximas garantías de calidade.