Ternera Gallega e o Banco Sabadellgallego asina un convenio

Ternera Gallega e o  Banco Sabadellgallego asina un convenio de colaboración para ofrecer vantaxes financieiras ao vacún  de carne
Os membros da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) contarán con produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados a súa economía profesional e persoal.
A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega vén de asinar un acordo  de colaboración co Banco SabadellGallego para pór a disposición de todos os gandeiros e industrias cárnicas integradas na Denominación e dos seus membros, un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados.
O acordo foi asinado polo presidente da IXP, Jesús González Vázquez,  e polo director xeral de SabadellGallego, Pablo Junceda. No acto de firma estiveron presentes tamén o secretario da Denominación, José Gómez Viaño, e por parte de SabadellGallego o  director de zona Santiago, Juan Candamo, e o  delegado rexional do sector primario, Carlos López.
O convenio terá unha vixencia dun ano e contará cunha comisión de seguimento que se reunirá de maneira periódica para elaborar e desenvolver as propostas formuladas, adaptar o contido e colaborar en novos temas que poidan xurdir que sexan de interese para ambas entidades e que non estean recollidos no acordo marco.
Produtos financeiros aos que terán acceso os membros da IXP
A través deste acordo de colaboración os inscritos na IXP gozarán, entre outras vantaxes, do acceso a liñas de financiación subvencionadas que saian a nivel autonómico ou estatal, así como a produtos ou servizos que lles permitan financiar tanto gastos ordinarios como novas inversións.
Ademais contarán con xestores especializados en plataformas de pago eCommerce; con asesoramento na realización de proxectos “chave en man” de eficiencia enerxética e cunha rede de oficinas da entidade financeira que lle darán cobertura especial no exterior.  Poderán establecer tamén relacións internacionais aproveitando os acordos que o Banco ten subscritos no estranxeiro que ascenden a máis de 2.000 corresponsais nos cinco continentes. 
Ternera Gallega aumenta así a súa oferta de servizos permitindo aos seus membros acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizado en liñas subvencionadas, factoring, confirming, tpv, comercio electrónico, negocio internacional, etc.