Láncara degusta Ternera Gallega

A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega participou na decimoterceira edición da Feira Degustación da Tenreira Galega que se celebrou, o pasado fin de semana, na Pobra de San Xiao, en Láncara.
A degustación, ofrecida por Ternera Gallega, consistiu en carne de tenreira preparada ao caldeiro ou á grella, chegándose a consumir máis de 1500 kilos de carne certificada. O certame tamén contou cun concurso de gando no que se premiaron ás mellores reses,  cunha exhibición de maquinaria agrícola clásica e mostra de produtos artesanais, co sorteo, entre os asistentes, dunha xovenca e un potro, ademais de exhibicións de ximnasia rítmica e outras disciplinas das escolas deportivas do concello lancarés.
A mostra contou coa presencia do Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, o director xeral de produción agropecuaria, José Alvárez Robledo e o alcalde da vila, Eladio Capón entre outras autoridades. Nesta ocasión o pregón da festa correu a cargo de profesora da Universidade de Santiago de Compostela, María Montes López que deu inicio a mostra.