A IXP Ternera Gallega estará en Alimentaria 2016

A IXP estará presente  na XXI edición do Salón Internacional de Alimentación e Bebidas Alimentaria 2016, que se celebrará do luns 25 ao xoves 28 de abril1, en Barcelona. A IXP asistirá a esta cita formando parte do expositor institucional da Xunta de Galicia, situado no sector de Intercarn (pavillón 5) do recinto feiral,  acompañada de tres das principais industrias cárnicas galegas inscritas na Denominación: Artesanos Gallegos de la Carne, Novafrigsa y Suministros Medina.
O  luns 25 ten previsto realizar un encontro cos profesionais do sector cárnico catalán adheridos ao programa de calidade con fin de intercambiar experiencias e comentar a evolución do sector  de cara ao futuro.