Ternera Gallega recibe a directivos alemáns da empresa de distribución alimentaria EDEKA.

No marco das misións comerciais inversas que organiza a Indicación Xeográfica Protexida para achegar a carne de calidade que ampara ao país xermano, Ternera  Gallega atendeu unha misión comercial da empresa de distribución alemana Edeka, en concreto da división regional Edeka Sudwest Fleisch. Os diretivos responsables de ventas e compras así como os departamentos de calidade e benestar animal  e marketing  visitaron Galicia para coñecer as características produtivas, comerciais e o control de calidade da carne de vacún da Denominación. 

Nestes días puideron visitar explotacións gandeiras nas localidades lucenses de Palas de Rei e Sarria, centros tecnolóxicos e industrias cárnicas. Este tipo de accions desenvólvense dentro do programa de internacionalización que a IXP Ternera Gallega está a levar en centroeuropa.