Ternera Gallegas nas Ondas
A Indicación Xeográfica Protexida ofrece na Radio Galega (RG) un espazo divulgativo no que se tratarán diversos aspectos sobre as características, natureza, aproveitamento e potencial da carne de Ternera Gallega.
Todos os interesados en coñecer polo miúdo a realidade da IXP Ternera Gallega teñen unha cita os xoves, ás 18 horas, na Radio Galega (RG). Durante todos os xoves á mesma hora ata finais do mes de xuño, Ternera Gallega entrará nos fogares dos galegos a través das ondas gracias ao programa “A Tarde”, dirixido e conducido por Cristina García.
E é que a IXP vén de poñer en marcha unha colaboración coa emisora pública autonómica pola que ofrecerá un espazo divulgativo, con tempo para o coloquio e a tertulia, onde directivos da Denominación abordarán temas que van desde as características esenciais da carne amparada pola IXP e a diferenciación de categorías ; pasando polos controles que se levan a cabo; a carne de vacún e a alimentación, consello a hora de mercar carne fresca, explicando todos os detalles relativos ao etiquetado e á trazabilidade de Ternera Gallega, así como a clasificación e optimización dos distintos cortes. Durante os programas, tamen interviran especialistas en distintas materias que daran o seu punto de vista profesional e farán especial énfase no asesoramento ao consumidor en temas como a achega nutritiva, as caracteristicas sensoriais, e darán consellos de cómo sacarlle o mellor partido culinario.
Neste espazo tamén os oíntes terán un protagonismo activo, podendo formular en directo preguntas sobre Ternera Gallega e o ámbito do consumo de carnes frescas, así como participar en concursos e levaren agasallos da IXP.
A través de programas coma este a Indicación Xeográfica Protexida pretende chegar tanto aos consumidores como aos profesionais da carnicería, distribución e da gastronomía, co fin de afondar no coñecemento da produción de carne de vacún calidade en Galicia.