Ternera Gallega e o Instituto Galego de Consumo achéganlle ao consumidor a calidade da carne da IXP

Ternera Gallega continua a celebrarar as  Xornadas cos Consumidores, as Charlas degustacións  enmárcanse dentro do convenio asinado pola IXP e o Instituto Galego de Consumo (IGC) para informar sobre as características da carne amparada pola Denominación e celebraronse coa Asociación de Amas de Casa Rias Baixas de Pontevedra, a Asociación de Consumidores e Usuarios do Ribeiro de Ribadavia e a Asociación de Consumidores Airiños da Terra de Verín. As charlas corren a cargo de Luis Vázquez, director de Relacións Externas da IXP e tratanse temas como a trazabilidade do produto e a normativa en vigor, co fin de contribuír á protección e mellora da calidade de vida dos consumidores.
Esta colaboración ten por obxecto impulsar a campaña informativa-formativa sobre a carne de calidade avalada por a IXP Ternera Gallega. Dentro dos actos que se desenvolverán ó longo do ano, destacan estas “Xornadas informativas dirixidas aos consumidores” a cargo da IXP Ternera Gallega. Ao abeiro deste convenio, a Escola Galega de Consumo desenvolveu unha unidade didáctica sobre a trazabilidade e productos alimenticios con denominación de orixe protexida que se ofertará dentro dos obradoiros da Escola Galega de Consumo a partir do curso escolar 2010-2011 titulada “A calidade: produtos con carné”. A maiores, poderanse introducir conceptos de Ternera Gallega en diferentes actividades que xa forman parte do programa permanente da Escola Galega de Consumo: o Programa Akal.
Este convenio, que ten unha vixencia indefinida, foi asinado no 2010 pola directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia e presidenta do Instituto Galego de Consumo, María Nava Castro Domínguez, e Jesús González Vázquez, presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.
Produtos con carné
O establecemento desta colaboración entre ambas entidades ten por obxecto dispoñer dun marco de colaboración para posibilitar a planificación e desenvolvemento de actividades informativas e formativas conxuntas entre o IGC e a IXP Ternera Gallega. Exemplo destas actividades son os obradoiros que realiza a Escola Galega de Consumo e que dirixe a todo o conxunto da poboación galega.
Ao abeiro deste convenio, a Escola Galega de Consumo ten prevista a elaboración dunha unidade didáctica sobre trazabilidade e produtos alimenticios con denominación de orixe protexida, na que se introducirán conceptos propios de Ternera Gallega e do Programa Akal, o programa permanente da Escola Galega de Consumo. Termos como consumo responsable, etiquetado ou pirámide alimentaria serán explicados en profundidade e exemplificados.
IGC, defensa dun consumo seguro
O Instituto Galego de Consumo, organismo autónomo adscrito á Consellería de Innovación e Industria, nace en 1994 co obxecto de desenvolver as actividades relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios galegos. O IGC conta cun laboratorio de consumo propio, situado en A Coruña para analizar fibras, produtos textís e xoguetes. Encárgase da comprobación do marcado, a etiquetaxe e das distintas analíticas físicas, químicas, eléctricas e mecánicas dos produtos que se ofrecen no mercado.