A IXP recibe a un grupo de profesionais cárnicos de Alemaña 

Despois de que en marzo Ternera Gallega realízase diferentes accións de promoción en Alemaña, a pasada semana varios profesionais  cárnicos xermanos devólveronnos a visita. Nesta misión comercial inversa, un grupo de 16 persoas dedicadas ao sector das carnes está a coñecer a IXP e o seu funcionamento, ademais de aos nosos gandeiros e industrias. Unha visita que lles permitiu ver, en primeira persoa, o seguimento e control que facemos dos tenreiros, desde o seu nacemento ata que a carne chega aos consumidores. Esta actividade enmárcase dentro do intenso labor de promoción que a IXP está a realizar a nivel internacional.
Durante a xornada, os nosos invitados percorreron varias explotacións de Ternera Gallega na provincia de Lugo, concretamente en Palas de Rei, Sarria e Portomarín. Nelas, os inspectores de campo da IGP explicáronlles o seu traballo nas ganderías, onde controlan as razas, a orixe, a crianza e a correcta alimentación dos animais. Tamén puideron coñecer a algúns dos nosos gandeiros e ver in situ como coidan e alimentan aos tenreiros.
Unha vez mostrada o noso labor nas explotacións, este grupo de profesionais alemáns coñeceu o funcionamento das industrias e de que maneira a IXP vixía que se cumpran as garantías de  trazabilidade da carne. Ademais, os nosos  veedores explicaronlles como controlamos a correcta certificación e etiquetaxe do produto. Para pechar esta xornada, visitaron unha gandería de  bois, onde lles presentamos a recentemente nada IXP Vaca e Boi de Galicia.
A misión comercial inversa comezaba o luns, 09 de abril, cando este grupo de profesionais  cárnicos asistía a un  showcooking da man do noso chef, Javier Rodríguez Ponte, “ Taky”. Nesta sesión, coñeceron os cortes alternativos de Ternera Gallega e a súa versatilidade a través de diversos cociñados.