Modificación no sistema de etiquetaxe dos canais da IXP TERNERA GALLEGA 

Substitución das 8 etiquetas adhesivas por 8 certificados de garantía
Desde o 8 de outubro de 2018, para certificar os canais da IXP Ternera Gallega empezarase a utilizar certificados de garantía en substitución das contraetiquetas de certificación adhesivas. Nos matadoiros, os vedores do Consello Regulador colocarán 8 certificados de garantía por canal, coa seguinte distribución en cada medio canal:
-1 no dianteiro.
-1 na falda.
-1 no chuleteiro.
-1 no traseiro.
Os certificados de garantía son similares aos que se utilizan na actualidade e inclúen a seguinte información:
-Categoría comercial: Ternera, Suprema, Añojo.
-Nº de certificación.
-Animal nº: número do crotal oficial do animal.
-Idade (meses).
-Nº canal: número de sacrificio, asignado polo matadoiro.
-Clasificación da canal conforme ao modelo SEUROP.
-Sexo do animal.
-Peso Kg: peso en Kg antes de realizarse o oreo.
-Día de sacrificio.
-Sacrificado en: Nº.R.S. e nome do matadoiro.
-Explotación de orixe: REAGA e nome do titular da explotación.
Data de aplicación:
•Outubro de 2018: canais da categoría TERNERA.
Novembro de 2018: canais de las categorías SUPREMA e ANELLO/ AÑOJO