A carne de vacún certificada volve á Shopping Night de Ourense

Por quinto ano, a IXP Ternera Gallega colabora coa zona comercial do centro da cidade das Burgas, que celebra este venres a súa Shopping Night. Unha nova edición na que participan 80 establecementos, onde se mesturarán as compras, a música e a gastronomía, fóra dos horarios habituais das tendas, xa que abrirán de xeito excepcional ata a medianoite.

Ternera Gallega vai ofrecer unha degustación de carne certificada desde o seu stand, onde tamén haberá receitarios para todos aqueles que se acheguen a pasar un bo rato nesta noite de compras diferente. As actividades comezan ás 8 da tarde nas rúas Santo Domingo, La Paz, Plaza Mayor, Lamas Carvajal, Paseo, Cardenal Quiroga, Concordia, Cardenal Quevedo, Valle Inclán e Bedoya; onde haberá opcións de animación e ocio, ademais de sorteos para premiar as compras dos clientes.

A Shopping Night é unha iniciativa do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, que suma xa 7 edicións.