Ternera galega colabora coa Volta Viclista a Galicia
A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega afianza o seu compromiso social co deporte galego mediante a colaboración coa IX Volta Ciclista a Galicia para as categorías de élite e sub-23 que se celebra este ano entre o 13 e 16 de maio.
A carreira, que consta de catro etapas, deu o pistoletazo de saída o xoves 13 de maio en Santiago de Compostela, tendo os finais de meta en Santiago, Ferrol, A Coruña e Sarria.O público asistente poderá conseguir material promocional e informativo de Ternera Gallega nos finais de metas de cada unha das etapas.
Esta iniciativa enmárcase dentro da aposta da Denominación polos hábitos saudables, materializada no seu firme compromiso de apoio ao deporte, tanto en Galicia como en España. Mostra desta cooperación é a sinatura de diversos protocolos de colaboración entre a IXP e varias entidades deportivas desde o ano 1998.