Degustación de Suprema en Castroverde

Esta fin de semana, o concello lucense de Castroverde homenaxea a Ternera Gallega, concretamente á carne certificada da categoría Suprema. Faino cunha festa-degustación que se celebrará durante o domingo na Área Recreativa Veiga do Olmo. Coa colaboración da Indicación Xeográfica Protexida e de ACRUGA, vaise preparar churrasco para, aproximadamente, mil persoas.

A degustación comeza ás 13 horas; pero a xornada festiva vai iniciar xa ao mediodía, amenizada con varias actuacións musicais, que tamén continuarán pola tarde. O día rematará cunha verbena a partir das 21 horas.

Etiqueta rosa

Ternera Gallega Suprema ampara a carne de tenreiros criados en ganderías tradicionais, xunto a vacas nai, seguindo o sistema de manexo secular dos produtores galegos. A base da súa alimentación é a lactancia materna, que se completa con outros recursos propios da explotación, como forraxes, cereais, nabos e patacas. Os inspectores do Consello Regulador certifican que estes animais toman leite materno, como mínimo, durante 7 meses.

A carne desta categoría comercial diferénciase e recoñécese gracias á súa etiqueta rosa, na que se especifica a palabra Suprema.