Xornada Técnica das IXP de Carne de Vacún de Galicia no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo 

Como ven sendo habitual no outono, as Indicacións Xeográficas Protexidas Ternera Gallega e Vaca Galega / Boi Galego van celebrar unha Xornada Técnica conxunta, que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, o vindeiro 25 de outubro, venres.

No marco desta xornada técnica, este ano 2019 a IXP Ternera Gallega está a celebrar os seus 30 anos de camiño cun encontro dirixido a gandeiros, profesionais técnicos, industria, distribución e consumidores.

A Xornada pretende informar sobre a situación actual da produción e comercialización da carne de vacún nun contexto marcado pola potenciación de novas iniciativas e a sustentabilidade ambiental, así como polas tendencias de mercado e consumo para a carne amparada polas Denominacións de calidade.

Xa vos podedes inscribir das seguintes formas:

-Chamando aos teléfonos 981 57 57 86 / 981 57 48 99

-Enviando os vosos datos ao correo: consello@vacundegalicia.com

Esperámosvos!