Convocadas as axudas para mellorar a capacidade técnica de xestión de subprodutos

Convocadas as axudas para mellorar a capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano
(mediorural.xunta.es 28706/2011) Estas axudas están destinada a pequenas e medianas empresas agrarias e industrias agroalimentarias que procesan este tipo de produtos. O orzamento previsto para estas axudas ascende a 1.240.035,47 euros, que poderá incrementarse con fondos adicionais e con remanentes orzamentarios
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural das axudas destinadas ás explotacións gandeiras e industrias agroalimentarias para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e se convocan para o ano 2011.
Serán obxecto de subvención a construción, adquisición e mellora de equipamentos para a mellora das condicións ambientais ou de bioseguridade en relación co almacenamento; así como a realización de proxectos innovadores para a implantación de sistemas de xestión de subproduto de orixe animal, entre outras.
Orzamento
O orzamento previsto para estas axudas ascende a 1.240.035,47 euros, que poderá incrementarse con fondos adicionais e con remanentes orzamentarios.