Ternera Gallega modifica as cotas de identificación

O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia vai realizar a partir do póximo ano un maior esforzo promocional e informativo para mellorar o seu posicionamento no mercado e incrementar a demanda de Ternera Gallega. Ao mesmo tempo, é necesario contrarrestar as noticias e as correntes de opinión negativas que afectan ao consumo de carne de vacún.

En consecuencia, o pleno do Consello Regulador acordou recuperar a anterior cota de identificación dos xatos, despois de mantela rebaixada durante tres anos. Así, desde o 1 de xaneiro do 2020, pasará dos 5 euros que se cobran na actualidade a 6 euros. Os recursos económicos derivados desta medida vanse dedicar na súa totalidade á realización de accións promocionais e informativas, nas que tamén prevemos contar co apoio da Consellería do Medio Rural a través da convocatoria de axudas para promoción, de xeito que a Administración porá o 70 % e o Consello Regulador, o 30 % restante. 

Para máis información, pode chamar ao Consello Regulador.