A IXP Ternera Gallega modifica o seu Regulamento

A partir do 1 de febreiro do 2020, a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega aplicará a modificación do seu prego de condicións, que afecta ás categorías comerciais:

- Ternera Gallega Suprema mantense coas mesmas condicións que na actualidade: animais que se aleitaron durante 7 meses e se sacrifican con menos de 10 meses de idade.

- Ternera Gallega vai amparar os animais que se sacrifiquen con menos de 12 meses de idade, tanto os procedentes de explotacións de cebo como os que proveñan de explotacións tradicionais que non se comercializaron como Ternera Gallega Suprema, unha vez superado o límite de idade desa categoría.

- Finalmente, os animais sacrificados con 12 ou máis meses de idade e menos de 18 comercializaranse como Anello.

Pode consultar aquí a nova versión do prego de condicións de Ternera Gallega, publicada na web da Consellería do Medio Rural.