Os novos inscritos nas IXP poderán solicitar as axudas ata o 18 de agosto

O período para presentar as axudas ás novas incorporacións nas IXP ou DOP xa conta con data de finalización posto que, desde hoxe, se retoman os prazos administrativos que quedaran suspendidos co estado de alarma. Así, establécese o 18 de agosto como último día para que os gandeiros e agricultores galegos poidan solicitar estas achegas.

O Consello Regulador lémbralle aos novos inscritos en Ternera Gallega e Vaca Galega / Boi Galego que deben presentar as solicitudes eles mesmos neste enlace da sede electrónica da Xunta, onde se indica a documentación necesaria para realizar os trámites. 

Condicións

Estas axudas comprenden como período a subvencionar desde o 1 de maio do 2019 ata o 30 de abril deste ano e, como na convocatoria anterior, admitiranse aquelas peticións que superen os 50 euros

Poden ser beneficiarios os titulares de explotacións que se incorporaran a unha IXP ou DOP despois do 18 de novembro de 2015 e que estean en activo. Os custos subvencionables son os derivados da inscrición no selo de calidade e a cota anual de participación. Con estas achegas cóbrese o 100% dos gastos a subvencionar, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de 5 anos.