Ternera Gallega retoma a mesa de prezos

A IXP reiniciou este mércores a mesa de prezos, despois de que os seus membros decidiran suspendela temporalmente desde que se decretara o estado de alarma pola crise sanitaria da Covid-19. Agora, coa volta á chamada nova normalidade e coa apertura da hostalería, unha canle de venda importante para Ternera Gallega, reactívanse as cotizacións.

A mesa de prezos volve con novidades xa que establece novos tramos de pesos, tanto para os machos como para as femias, co obxectivo de reflectir mellor o peso medio que alcanzan os canais; incluíndo tamén nestes tramos os canais con conformación E, que antes tiñan un único prezo de referencia. Para os de conformación S, é dicir, os de mellores formas, establécese o prezo a convir

Tampouco entra en cotización a categoría comercial Anello, debido ao cambio de idade recollido no prego de condicións da IXP o pasado mes de febreiro, co que estes animais pasaron a sacrificarse con 12 meses ou máis, representando menos do 1 % da comercialización.