Ternera Gallega coa Asociación de Amas de Casa de A Coruña
Ternera Gallega coa Asociación de Amas de Casa de A Coruña
Ternera Gallega continúa a desenvolver as charlas informativas con consumidores e usuarios de Galicia a través do convenio firmado co Instituto Galego de Consumo. Onte mércores 19, impartiuse unha xornada informativa coa Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios de A Coruña na que participaron un total de 100 persoas.