Juárez salienta o apoio da Xunta ao vacún de carne garantindo a sanidade da cabana
Juárez salienta o apoio da Xunta ao vacún de carne garantindo a sanidade da cabana, os investimentos e a promoción da súa calidade
(mediorural.xunta.es 24/11/2011) En resposta a unha pregunta no Parlamento, o conselleiro pediu o máximo respecto ao Consello Regulador da IXP Ternera Gallega e advertiu que calquera iniciativa que se faga sen pasar polo “organismo lexitimo de xestión da IXP é unha irresponsabilidade e supón ir en contra da propia denominación e dos intereses dos milleiros de gandeiros que a respaldan” . Centrándose nas accións de fomento, Juárez indicou que no que vai de lexislatura Medio Rural leva pagado máis de 105 millóns de euros só en accións en plans de mellora e investimentos para a incorporación de mozos.
A Consellería do Medio Rural concede una gran importancia á gandería de vacún de carne e aos programas de calidade deste gando en Galicia, e por iso lle presta apoio a través de diferentes vías que teñen que ver coa sanidade animal, os investimentos nas explotacións e a propia promoción da calidade. Así o afirmou esta mañá no Parlamento o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, en resposta a unha pregunta do Grupo Popular.
Juárez dixo tamén que estas producións teñen unha gran importancia dende o punto de vista social e económico, remarcando que hai mais de 30.000 explotacións deste tipo en Galicia. Estas son, ademais, ganderías familiares na súa inmensa maioría, e están en zonas de montaña, polo tanto en áreas con problemas de despoboamento e cunha grande importancia dende o punto de vista medioambiental.
Na súa intervención, o titular de Medio Rural explicou que este apoio da Xunta ao vacún de carne se realiza por diferentes vías: O mantemento duns programas sanitarios que permitan uns estándares elevados na cabana; o apoio ás ganderías para os seus investimentos nas súas explotacións e, tamén, a través da promoción da calidade.
Estatus sanitario envexable
No que se refire á sanidade, Juarez cualificou este aspecto como fundamental, pois incide directamente na produtividade dos animais, na confianza do consumidor cara o produto e, ademais, permite o acceso aos mercados. O conselleiro advertiu que se non se presta especial atención a esta cuestión e existen problemas sanitarios está claro que poden presentarse tamén dificultades nos mercados.
Neste sentido, lembrou que Galicia dispón dun estatus sanitario envexable, mellor que a media europea e española e engadiu, en canto ás prevalencias de doenzas como a brucelose e a tuberculose (enfermidades principais e obxecto da loita oficial), que estas están moi próximas á erradicación; practicamente erradicada a brucelose e moi próxima á erradicación a tuberculoses. Ademais, a prevalencia da tuberculoses en Galicia é sete veces menor que no conxunto de España.
Accións de fomento
Centrándose xa nas accións de fomento, Juárez detallou que Medio Rural ten programas concretos, como son os de fomento de razas autóctonas e de mellora das propias explotacións, salientando as axudas para plans de mellora e investimentos para incorporación de mozos. En relación con estas últimas indicou que no que vai de lexislatura Medio Rural leva pagado máis de 105 millóns de euros. Engadiu que as partidas para o ano 2012 se incrementan de forma moi significativa, pasando de 23 a 30,5 millóns de euros.
Estas explotacións de vacún de carne se benefician ademais de primas como a adicional para vacas nutrices, nas que este ano se pagaron mais de 20 millóns de euros, ou as axudas agroambientais, que na súa maioría van a este tipo de explotacións, por importe de mais de 20 millóns de euros este ano.
Promoción
No que se refire á promoción da calidade, o conselleiro dixo que se traballa fundamentalmente coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, unha denominación de calidade de carne de vacún que tivo éxito nos 20 anos de percorrido que leva. De feito, sinalou Juárez, mais do 50% da carne con selo de calidade que se vende en España é Ternera Gallega, sendo esta, sen dúbida, a marca de calidade de carne que mais recoñecen os consumidores, de acordo con diferentes estudos realizados en España. Esta IXP ten máis de 7.000 explotacións inscritas, e certifica mais de 74.000 canais e 16.000 toneladas de carne ao ano.
Máximo respecto ao Consello Regulador de Ternera Gallega
Por último, Samuel Juárez reafirmou cara o futuro o respaldo da Consellería a esta denominación, sempre apoiándose no seu Consello Regulador. Neste sentido, e con respecto a certas iniciativas de determinadas organizacións agrarias para recoller firmas no sentido de cambiar o regulamento desta IXP.