Medio Rural fomenta o emprego de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo

(mediorural.xunta.es 29/12/2911) Con esta medida, que sae hoxe publicada no DOG, búscase modernizar os equipamentos e incentivar a introdución de novas tecnoloxías no rural. O orzamento inicial previsto, cofinanciado con fondos Feader, é de 500.000 euros para o exercicio 2012O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e se convocan para o ano 2012.A introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria agrícola e modernización de equipamentos ten unha repercusión moi positiva na seguridade e nas vertentes técnica, económica e medioambiental das explotacións agrarias. Así contribúe de forma decisiva no desenvolvemento do sector e do medio rural, avorecendo unha evolución positiva e constante para afrontar novos retos de futuro.Con esta norma, o epartamento que dirixe Samuel Juárez busca acadar varios fins, relacionados todos eles coa mellora xeral da calidade de vida no medio rural: Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo; fomentar a construción e/ou adquisición asociativa de edificacións e instalacións elacionadas co proceso produtivo nas explotacións; incentivar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de aquinaria e equipamentos; racionalizar os custos de mecanización; incrementar a seguridade no traballo; reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas as cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación (Sat) que teñan como obxectivo social prioritario a adquisición e uso de maquinaria, así como as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola. Tamén poderán beneficiarse outras agrupacións, especialmente comunidades de regantes, asociacións de viticultores en terreos con pendente superior ao 15% e asociacións de faba e castaña. A convocatoria está aberta ademais ao resto das cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario para prestar servizos aos seus socios.As actividades que serán motivo de subvención céntranse na compra de maquinaria agrícola e na adquisición, construción ou mellora de equipamentos, tales como almacéns para maquinaria ou gastos xerais vinculados ao proxecto en honorarios profesionais.
Orzamentos e prazos
O orzamento inicial previsto, e que está cofinanciado con fondos Feader, é de 500.000 euros para o exercicio 2012. O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles contados a partir de mañá, día seguinte á publicación da norma no DOG.