ternera gallega
EspañolGalego
 Alta de Usuarios

Noticias

Publicadas as axudas para os participantes nos programas de produción agroalimentaria

Publicadas as axudas para os participantes nos programas de produción agroalimentaria con calidade diferenciada
(xunta.es 05/01/2012) No DOG de hoxe concrétanse as bases e a convocatoria para o ano 2012 destas subvencións, cofinanciadas con fondos Feader da Unión Europea. Poderán beneficiarse os produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se modifican as bases reguladoras das axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. Poderán ser beneficiarios destas axudas os produtores que participan nalgún dos programas de calidade diferenciada destes produtos definidos e recollidos no marco do Plan de desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013, de acordo co Regulamento CE relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Gastos subvencionables
Serán subvencionables os gastos derivados da inscrición e as cotas de participación nun destes programas, incluíndo, no seu caso, os correspondentes a rexistro, control ou inspección necesarios para comprobar o cumprimento das especificacións do programa. A contía da axuda poderá chegar ata o 100% dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos. A Consellería e as entidades colaboradoras formalizarán convenios de colaboración nos que se regularán as condicións e obrigas asumidas por estas na xestión das axudas habilitadas a través desta Orde.
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria finaliza o 15 de xuño de 2012.
Financiamento
As axudas reguladas nesta Orde financiaranse con cargo aos orzamentos da Consellería do Medio Rural e do Mar para 2012, cunha dotación de 747.965 euros. Este importe poderá incrementarse con remanentes adicionais, de acordo coas dispoñibilidades de crédito.
 

Ir al listado de noticias