Ternera Gallega, máximas garantías en control e certificación para unha maior seguridade alimentaria
A Indicación Xeográfica Protexida obtén a acreditación de ENAC segundo a norma UNE-EN 45011 para a certificación datrazabilidade da súa carne, respondendo a criterios de transparencia, rigor, fiabilidade e control. A acreditación supón parao Consello Regulador un salto cualitativo nas garantías que achega aos consumidores, cada vez máis esixentes coa calidade e seguridade dos produtos agroalimentarios.A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega e todos os que forman parte dela, desde produtores, industrias, distribución ata o consumidor, están de noraboa. O motivo vén dado porque o pasado 23 de decembro de 2011, a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) outorgoulle a acreditación ao Consello Regulador da IXP, recoñecendo a súa competencia técnica para a certificación da carne de vacún segundo os criterios recollidos na norma europea UNE-EN 45011. Esta acreditación supón o recoñecemento da imparcialidade e fiabilidade do sistema de certificación aplicado polo Consello Regulador da Denominación, que está baseado no seguimento e control da produción de carne de Ternera Gallega en todas as súas fases, desde as explotacións nas que se crían os animais, pasando polos matadoiros e as salas de despezamento onde se procesa a carne amparada pola IXP, ata chegar aos consumidores.A acreditación conséguese despois de dous anos de intenso traballo nos que se implantou a norma UNE-EN 45011 nas actividades de certificación do Consello Regulador. Os traballos realizados consistiron principalmente no desenvolvemento dos procedementos que permiten asegurar a fiabilidade das actividades de certificación, a axeitada formación e supervisión do persoal inspector e auditor da Indicación Xeográfica Protexida e, en definitiva, o aseguramento da xestión transparente, imparcial e eficaz das certificacións emitidas polo Consello Regulador.ENAC, selo de garantía con vocación de servizo público a escala internacional. A Entidade Nacional de Acreditación é o organismo designado pola Administración para establecer e manter o sistema de acreditación a nivel nacional, de acordo ás normas internacionais, seguindo en todo momento as políticas e recomendacións establecidas pola Unión Europea.ENAC é unha organización declarada de utilidade pública, independente e sen ánimo de lucro, auspiciada e tutelada pola Administración, que desenvolve a súa misión cunha clara vocación de servizo público, dirixido tanto á Administración como ao mercado en xeral, garantindo que todas as súas actuacións se basean en principios de imparcialidade, independencia e transparencia, cun marcado carácter técnico, achegando valor a todos os axentes que teñen intereses nos distintos aspectos da acreditación.A súa misión é avaliar a competencia técnica dos organismos de certificación, entidades de inspección, laboratorios, verificadores e demais órganos de control para xerar así confianza nas súas actividades á Administración, ao mercado e á sociedade en xeral.Desta forma consegue que os seus servizos estean recoñecidos e aceptados nacional e internacionalmente, contribuíndo así a unha maior protección das persoas e do medioambiente e ao aumento da competitividade dos produtos e servizos españois.