Ternera Gallega, protagonista en Xantar 2012
A Indicación Xeográfica Protexida foi un dos ingredientes estrela do show cooking organizado por alumnos do Centro de Hostalaría e Turismo IES Vilamarín, que tivo lugar o sábado, día 4 en Expourense. A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega tivo o seu espazo propio na décimo terceira edición do Salón Galego de Gastronomía e Turismo, Xantar 2012, que se celebrou en Ourense desde o pasado fin de semana.
Da man do Centro de Hostalaría e Turismo IES Vilamarín e compartindo cociña con outras reputadas marcas do sector alimentario galego, como Pescanova, Estrella Galicia, Porco Celta, diferentes DO’s de viño, Queixo Arzúa-Ulloa, Coren, Pan de Cea ou Grelo de Galicia, Ternera Gallega foi o ingrediente clave do show cooking organizado polos alumnos do Centro e ofrecido aos asistentes que queiran se achegaron ao recinto feiral. Ademais das tres creacións principais (Roliños de Ternera Gallega recheos de Grelos de Galicia e Queixo Tetilla sobre Pan de Cea torrado, Ternera Gallega braseada sobre tosta de pisto manchego e Ragout de Ternera Gallega con Pataca de Galicia avelá) puderonse degustar ata 200 “petiscos” ao longo de toda a xornada. A participación no Salón do Centro de Hostalaría e Turismo IES Vilamarín, consolidada ano tras ano, ten unha dobre vertente como actividade didáctica e transversal que consegue involucrar o alumnado de tal xeito que son eles mesmos os que se responsabilizan dos labores de organización, promoción e coordinación do “stand”. Permitindo pois achegar a teoría das aulas ao traballo de campo da realidade laboral. A cita con Xantar resulta ineludible todos os anos por estas datas, congregando a miles de asistentes e transformando o recinto Expourense nun gran centro de restauración. Ademais da promoción da gastronomía, Xantar é tamén o punto de encontro dos recursos turísticos das rexións que participan neste salón. Sen saír do recinto feiral, o visitante pode coñecer os atractivos naturais, arquitectónicos, históricos e gastronómicos dos distintos puntos xeográficos promovidos por organismos úblicos (concellos, deputacións, padroados de turismo, etc) que acoden a esta convocatoria procedentes de toda España e de Portugal.