Ternera Gallega, exquisita
A Indicación Xeográfica Protexida pon en marcha, durante os meses de marzo e abril, a campaña promocional e publicitaria baixo o eslogan “Exquisita Ternera Gallega Suprema Carne de Rubia Gallega” para reforzar a imaxe de calidade da Denominación.
Durante os meses de marzo e abril, a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega desenvolve a campaña “Exquisita Ternera Gallega Suprema Carne de Rubia Gallega”. Unha iniciativa promocional e publicitaria en medios de comunicación e exteriores co obxecto de reforzar a imaxe de calidade da Denominación, aumentar a súa notoriedade e fomentar o seu consumo.
A campaña consistirá na colocación de valados exteriores de gran formato e de monopostes, tanto nas principais ciudades como no resto das vilas con máis poboación de Galicia. Así mesmo, a acción estará apoiada en medios de comunicación galegos, en radio, mediante a realización de actividades específicas de divulgación dirixidas aos consumidores, en programas de máxima audiencia e a emisión de cuñas publicitarias.
Ternera Gallega persegue con esta campaña mellorar o grao de coñecemento da IXP en xeral e da marca Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Gallega en particular, estimulando á vez o consumo da carne certificada nos establecementos de venda.