Final do concurso “Tapeame, a tapear con Ternera Gallega”

Unha vez finalizado o concurso do facebook de Ternera Gallega  “Tapeame, a tapear con Ternera Gallega”  queremos agradecer a tod@s a vosa participación e felicitar aos gañadores. O xurado da IXP decidiu outorgar o premio do público  a María Antonia Álvarez Oreni coa súa receta “ Pulpeta de Ternera Gallega con verduritas frescas, salsa de almendras y pan frito e a Antonio Núñez de Pazos coa súa receta “Tartera de Ternera sin fronteras” e o premio do xurado de Ternera Gallega foi para Mª  Dolores Mateo coa súa receta “Ternera en salsa de ostras”.