Ternera Galega participa na festa do comercio do Mercado de Horta en Barcelona
O pasado 2 de xuño os comerciantes do mercado de Horta en Barcelona celebraron a súa tradicional festa do comercio. Durante todo o día e nas carpas habilitadas para esta celebración tiveron lugar demostracións de produto, actividades infantís, mostras de danza, sorteos de produto, descontos por compras, talleres de actividades. Os carniceiros inscritos na IXP e o público asistente puideron degustar 4500 racións de Ternera Gallega.