Consum visita Ternera Gallega
Directivos da Cooperativa Consum visitan Galicia para comprobar “in situ”o control, a trazabilidade e a certificación da carne amparada pola IXP Ternera Gallega. Esta visita enmárcase (encadrase)dentro das actividades formativas que contempla o convenio de colaboración que a Denominación asinou coa cadea de distribución alimentaria, e que tamén posibilita a comercialización de Ternera Gallega en mais de 400 establecementos de Consum, principalmente na zona do Levante , Cataluña e Castela-A Mancha.
Durante a súa estancia en Galicia, os directivos, responsables de compras de carne, de calidade , xefes de tenda e zona de Consum Supermercados, visitaron distintos tipos de explotacións da IXP para coñecer o proceso de control que se realiza a nivel de campo, alimentación, manexo e benestar animal. Visitaron Xenética Fontao onde responsables do Laboratorio de Xenética Molecular expuseronlle como se realiza a aplicación das probas de ADN para asegurar a trazabilidade da carne certificada pola IXP, mediante a verificación que permite relacionar a carne presente en calquera punto de venda coa súa canal de orixe. Tamén puideron visitar o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, onde se veñen realizando investigacións en sistemas de produción de vacún de carne asi como os ensaios correspondentes en calidade. Finalmente tamén puideron ver de preto o sistema de trazabilidade e fileteado en matadoiro e sala de despece.