Medio Rural e do Mar destaca o valor da Fonsagrada na produción de carne de vacún

A Consellería do Medio Rural e do Mar destaca o valor da Fonsagrada na produción de carne de vacún
(mediorural.xunta.es 01/09/2012)O director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, asistiu esta mañá ao XXXVII Concurso-Exposición de Gando Vacún, na Fonsagrada. Alí salientou a importancia deste concello e a súa tradición na produción de carne de vacún baseada na utilización de superficies de pastos, de feito este concello dispón dun total de 395 explotacións de gando vacún, da que a maioría, é dicir, 391 están destinadas á produción de carne.
Nestas 391 explotacións de produción cárnica, o censo de gando é de 10.829 exemplares, dos que 6.064 son vacas reprodutoras.

As 4 explotacións restantes dedícanse á produción de leite e o seu censo total é de 312 exemplares, dos que 196 son

reprodutoras.
Estas cifras demostran que A Fonsagrada se dedica maioritariamente á produción de carne de vacún. Neste sentido, o director xeral salientou os esforzos  dos gandeiros desta zona de montaña para sacar adiante as súas explotacións e incidiu na importancia do seu traballo para a obtención dunha carne de calidade