Planificación e regularización da produción de vacún de carne para mellorar a rendabilidade...
• A Indicación Xeográfica Protexida TERNERA GALLEGA ofreceu unha charla informativa, na que tamén participou ACRUGA, para informar aos gandeiros da situación actual do mercado e da importancia e interese da programación dos partos para acadar a regularización productiva na IXP.
• Invitada pola Asociación de Montaña A Carqueixa, do concello lugués de Cervantes, a xornada tivo lugar este martes, 15 de febreiro.
Consciente da importancia da planificación para lograr a regularización da produción a fin de acadar mellores prezos e consolidar a posición da carne de Ternera Gallega no mercado, a Indicación Xeográfica Protexida segue participar nunha serie de charlas informativas nos principais concellos galegos produtores de carne de vacún de calidade en Galicia.
Neste caso a xornada, á que asistiron arredor de 70 persoas, que tivo lugar o martes 15 de febreiro de 2011, no municipio de Cervantes, a petición da Asociación de Montaña A Carqueixa, correu a cargo do director de Promoción da IXP, Luís Vázquez, e da secretaria executiva da Asociación Nacional de Criadores de Gando de Raza Rubia Galega (ACRUGA), Ángeles Moreno.
Dirixidas fundamentalmente aos gandeiros, a sesión analizou en profundidade a situación actual do mercado de vacún de carne a tentou dar resposta ás dúbidas e consultas máis frecuentes en materia de produción e reprodución dos rabaños, así como buscar as solucións técnicas máis axeitadas para resolver os problemas que se presentan na práctica cotiá do manexo do gando nas explotacións.
(para máis información, consultar artigo técnico deste número da newsletter)