A IXP organiza as súas VII Xornadas Técnicas
A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, está a preparar a sétima edición das súas Xornadas Técnicas, un punto de encontro e reflexión para o vacún de carne de calidade galego, no que, ano tras ano, se abordan os principais temas de interese para o sector a través de diferentes ponencias e mesas redondas.
Ademais da II Festa Exaltación, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá, o vindeiro 12 de setembro, as VII Xornadas Técnicas de Ternera Gallega, que centrarán a actualidade do sector de vacún de carne a través de distintos relatorios sobre a situación actual e as perspectivas de futuro do sector.
A diferenza do anterior, este ano, as tres conferencias programadas desenvolveranse exclusivamente ao longo da mañá, para dar paso, a continuación, á celebración da II Festa Exaltación da Denominación, tras o éxito colleitado na edición anterior que se celebrou no 2007, na Fonsagrada.
Ternera Gallega convidará a poñentes de recoñecido prestixio e expertos nos temas que se desenvolverán nas conferencias, que á súa vez, estarán recollidos nos documentos dos que disporán todos os inscritos nas xornadas. Ao remate da mañá, os asistentes poderán recoller o diploma que acredita a súa asistencia.
A IXP confía, tamén nesta ocasión, en que as VII Xornadas Técnicas conten cunha alta participación, agardando acadar un número de asistentes similar ou superior ao de anteriores edicións.
PROGRAMA:
09.00 h: Recepción e entrega da documentación.
09.15 h: Avances na mellora xenética da raza Rubia Galega.
Dna. Ángeles Moreno Grande. Secretaria Executiva de ACRUGA
10.00 h: Análisis técnico-económico en explotaciones de vacún de carne. Proxecto RENGRATI (Rede Nacional de Granxas Típicas).
Sr. D. Omar del Río Fernández
Subdirección General de Productos Ganaderos
Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino
11.00 h: A produción de carne en Galicia no marco da reforma da PAC.
Sr. D. José Álvarez Robledo.
Director Xeral de Produción Agropecuaria.
Consellería do Medio Rural.
12.00 h: Conclusións das VII Xornadas Técnicas da IXP.