Ternera Gallega na Festa da Carne de Montederramo

A IXP estivo presente un ano máis nesta festa gastronómica que ten como protagonista a exaltación da carne de gando vacún galego na cal se puideron degustar máis de 800 de Ternera Gallega. Como ven sendo tradición Montederramo celebrou o pasado día 12 de outubro, coincidindo co dia festivo do Pilar,  a súa decimonovena Festa da Carne  onde os máis de 1400 asistentes puideron degustar un  menú  de carne de Ternera Gallega, nas súas distintas elaboracións: empanada, richada e carne ao caldeiro, acompañado por bica da zona e viño mencía da Ribeira Sacra.