A Xunta destaca a importancia do traballo conxunto entre administración e cidadanía

A Xunta destaca a importancia do traballo conxunto entre administración e cidadanía para coordinar iniciativas de xestión do territorio
(medioruralemar.xunta.es 25/10/2012)  O director xeral de Desenvolvemento Rural clausurou hoxe en Santiago a conferencia final do proxecto europeo F:acts. A Xunta destaca a importancia do traballo conxunto entre Administración e cidadanía para coordinar iniciativas relativas á xestión do territorio, co fin de acadar un aproveitamento eficiente do mesmo e respectuoso co medioambiente. Así o salientou o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo Iglesias, no acto de clausura da conferencia final do proxecto europeo F:acts, no que participa Galicia xunto con outras oito rexións da UE e que está centrado na procura dunha estratexia territorial integrada fronte ao cambio climático.Antonio Crespo destacou neste foro a importancia dos aprendizaxes obtidos durante o desenvolvemento do programa F:acts! como punto de referencia á hora de

establecer protocolos de actuación en outras zonas onde se desenvolvan actividades de xestión do territorio. Así mesmo salientou que as conclusións obtidas servirán de referencia á hora de por en marcha iniciativas lexislativas como a futura Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia.Na última xornada da conferencia avanzouse no desenvolvemento dunha estratexia para a xestión do territorio rural, que no caso galego está baseada no estudio da zona piloto do Monte do Carrio, en Lalín (Pontevedra). O lugar foi seleccionado como exemplo da realidade da nosa comunidade, polo seu peso de actividades agrícolas, problemas de ordenación e xestión do territorio, abandono do monte e riscos medioambientais. Para acadar a estratexia territorial integrada contarase coa participación de todos os axentes produtivos e non produtivos, así como coas distintas administracións para que aporten as súas iniciativas. O obxectivo é involucrar a todos os sectores afectados na toma das decisión sobre a xestión do territorio.Socios da iniciativaEsta iniciativa enmárcase dentro do programa

europeo Interreg IVC, financiado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e nela participan 14 institucións de 8 países da UE (Bélxica, Bulgaria, Grecia, Italia, Lituania, Países Baixos e Portugal, ademais de España). Por parte galega interveñen a Xunta, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). A duración do programa é de 3 anos, desde xaneiro de 2010 ata decembro de 2012.