Increméntase en 2,5 millóns de euros a dotación das axudas directas a prácticas sostibles

Increméntase en 2,5 millóns de euros a dotación das axudas directas a prácticas sostibles en agricultura, gandaría e desenvolvemento rural 

(mediorural.xunta.es 26/11/2012) O DOG publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se aumentan, en concreto, as indemnizacións compensatorias para zonas de montaña ou polo compromiso ambiental de agricultores e gandeiros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se incrementa a dotación orzamentaria dos pagamentos directos á agricultura e á gandería, así como das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2012. O incremento orzamentario é de 2,5 millóns de euros. 

O aumento deste fondos faise de acordo co establecido na disposición que regula estas axudas, que establece que as dotacións iniciais poderán incrementarse se for procedente. 

En concreto, esta nova achega vai destinada ás indemnizacións compensatorias para zonas de montaña ou polo compromiso ambiental de agricultores e gandeiros. Estes pagos son para os que exercen a súa actividade en áreas desfavorecidas ou de montaña ou para compensar os custos adicionais e as perdas de ingresos derivados do seu compromiso para a mellora do medio ambiente e do ámbito natural.