Rosa Quintana insiste na importancia da entrada en vigor "canto antes" da Lei de Transparencia

Rosa Quintana insiste na importancia da entrada en vigor "canto antes" da Lei de Transparencia da Cadea Alimentaria
(medioruralemar.xunta.es 10/12/2012) A conselleira do Medio Rural e do Mar explicou en Madrid que esta norma é fundamental porque vai no mesmo sentido que o acordo –auspiciado pola Xunta– entre os axentes do lácteo galego a prol de valorizar este produto.A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, insistiu hoxe na importancia da entrada en vigor “canto antes” da Lei de Transparencia da cadea alimentaria, especialmente para o lácteo galego. Esta norma é fundamental porque vai no mesmo sentido que o acordo –auspiciado pola Xunta– entre os axentes deste sector a prol de valorizar este produto..A conselleira, que hoxe asiste en Madrid aos consellos consultivos e conferencias sectoriais de Agricultura e Pesca, explicou que –segundo informou o ministro Arias Cañete– a Comisión Europea está a elaborar un libro verde sobre o tema da cadea alimentaria no que ten en conta un informe do Tribunal español da Competencia que defende, precisamente, darlle maior transparencia á construción do valor dos diferentes produtos dos sectores primarios.En relación coa reforma da Política Agrícola Común (PAC) e o futuro das axudas europeas para desenvolvemento rural, Rosa Quintana informou de que o Ministerio e as comunidades autónomas “estamos traballando para elaborar propostas que permitan manter as axudas que hai ata o día de hoxe, tendo en conta a regra N+2, que nos vai permitir ter estes dous anos de fixeza e logo estar xa preparados para que –no momento en que se aprobe a PAC– ter os nosos regulamentos listos e na grella de saída”.