II Festa Exaltación da I.X.P Ternera Gallega

Dentro das actividades programadas para celebrar os vinte anos de Ternera Gallega, cómpre destacar a II Festa Exaltación da IXP, o vindeiro 12 de setembro, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Ademais do carácter gastronómico e culinario que ten o acto principal do xantar de exaltación da carne certificada pola IXP, a organización desta xornada levará parella o desenvolvemento doutras accións de índole musical e humorística, ademais do concurso e a posterior poxa de gando.

Programa

11.00 h: Comezo da II Festa Exaltación da IXP Ternera Gallega.
A II Festa Exaltación dará comezo ás 11.00 da mañá, coa apertura da exposición e concurso de gando vacún da raza Rubia Gallega, emprazada nos pabellóns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
A exposición e o concurso gandeiro organízanse en colaboración coa Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacuno Selecto de raza Rubia Gallega (ACRUGA).

12.30: Poxa de gando vacún de raza Rubia Gallega.
Tralo concurso, terá lugar a poxa de gando da raza Rubia Gallega, na que poderán participar todos os gandeiros de vacún de carne interesados.

13.30 h: Entrega de premios do concurso de gando vacún de raza Rubia Gallega
Entrega de premios a todos aqueles exemplares e gandarías máis salientables.

14.00 h: Intervención de autoridades e saúdo aos asistentes
As autoridades darán a benvida aos asistentes á II Festa Exaltación da IXP Ternera Gallega.

14.15 h: Xantar Exaltación da IXP Ternera Gallega
O ecuador da Festa estará marcado polo Xantar Exaltación de Ternera Gallega, que comezará ás 14.15 horas, nos pavillóns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

17.00-19.30 h: Actuación humorística e musical.
Xa polo serán, terán lugar unha actuación humorística e outra musical, que amenizarán a velada de todos os asistentes. Ao longo do día tamén haberá pasarrúas e actuacións de grupos de gaitas.

19.30: Fin da II Festa Exaltación da IXP Ternera Gallega