Novas charlas informativas de Ternera Gallega a asociacións de consumidores de Galicia
A IXP Ternera Gallega ven de realizar novas charlas informativas a asociacións de consumidores de Galicia no marco do convenio firmado co Instituto Galego de Consumo para dar a coñecer os diferentes os aspectos tecnolóxicos, nutricionais e culinarios da carne amparada pola IXP. Máis de 100 consumidores pertencentes as asociacións de Amas de Casa e Consumidores de Mazaricos, Fene e Ferrol asistiron a estas charlas informativas que no caso de Mazaricos, estivo acompañada dun show cooking impartido por Raul Góñez, cociñeiro do Hotel Praia de Quenxe en Corcubión, que elaborou empanada, xarrete e filetóns de Croca de Ternera Gallega.