A Consellería do Medio Rural e do Mar fará chegar neste 2013 uns 200 millóns de euros

A Consellería do Medio Rural e do Mar fará chegar neste 2013 uns 200 millóns de euros ao sector agrogandeiro de Galicia
(mediorural.xunta.es 05/02/2013)O DOG publica hoxe a Orde pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2013. A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), fará chegar neste ano uns 200 millóns de euros ao sector agrogandeiro de Galicia co pago das axudas unificadas da PAC.Mediante a Orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, pola que se regula aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2013, uns 40.000 agricultores poderán solicitar ata o vindeiro 30 de abril as diversas liñas de axudas que se ofertan.O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) informará da apertura do prazo e da forma de tramitación a aquelas persoas que desexen solicitar estas axudas no ano 2013,

mediante unha carta personalizada que recibirán en próximas datas. Esta información é complementaria á información que se transmitirá tamén aos agricultores nas vindeiras semanas, a través dos servizos territoriais e oficinas agrarias comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar e da Oficina Agraria Virtual (OAV).Na tramitación destas axudas colaboran -no marco de convenios asinados co FOGGA con esta finalidade- un total de 13 entidades financeiras, 30 entidades de aconsellamento de explotacións e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA).Tendo en conta o sistema de tramitación, o FOGGA xa empezou os cursos de formación para persoal das entidades colaboradoras que van a participar na tramitación das axudas. Como

en anos anteriores, o propósito destes cursos é comunicarlles as características das axudas e da sistemática de tramitación coa finalidade de que poidan informar adecuadamente aos agricultores.
Axudas
As axudas que poderán solicitar os agricultores e gandeiros galegos no marco da solicitude unificada da PAC/DR 2013 son as seguintes:
a. Pagamentos directos
1. Réxime de pagamento único
2. Axuda para o fomento da calidade dos legumes
3. Prima por vaca nutriz
4. Axuda para a mellora da calidade da carne de vacún
5. Axuda para compensar as desvantaxes específicas aos agricultores que manteñan vacas nutrices
6. Axuda específica para a mellora da calidade das producións de ovino e cabrún
7. Axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector ovino
8. Axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector cabrún
9. Axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector de vacún de leite
10. Axuda para a mellora da calidade do leite e dos produtos lácteos de vaca
b. Axudas ao desenvolvemento rural
1. Indemnización compensatoria para zonas de montaña e outras desfavorecidas (IC)
2. Pagamentos do contrato de explotación sustentable (CES): axudas agroambientais e ao benestar animal
Novidades 2013
Unha novidade importante na declaración de superficies da solicitude unificada PAC/DR-2013 é a utilización de coeficientes para axustar a superficie de pasto pola que se solicitan as axudas, nos recintos do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac) con usos para pasto arbustivo ou pasto con arborado. Con isto preténdese que a superficie sementada neta coincida coa que se teña en conta para estas axudas. As superficies de pasto polas que se poden percibir estas axudas son aquelas sobre as que se desenvolve unha “actividade agrícola” mediante pastoreo ou labor de mantemento.