Ternera Gallega coas asociacións de consumidores de Galicia
A IXP Ternera Gallega ven de realizar unha charla informátiva a máis de 100 consumidores pertencentes á Asociacion de Consumidores de O Salnés, FUCI Galicia, acompañada dun taller degustación onde puideron degustar a carne amparada pola Denominación. A IXP segue a celebrar estas actividades formativas no marco do Convenio firmado co Instituto Galego de Consumo para dar a coñecer os diferentes aspectos tecnolóxicos, nutricionais e culinarios de Ternera Gallega.