Ternera Gallega coa Formación Gastronómica

A Indicación Xeográfica Protexida será o ingrediente estrela do XIV Concurso de Cociña e Coctelaría que se celebrará no Instituto de Educación Secundaria (I.E.S.) Fraga do Eume, Pontedeume.Unha iniciativa apoiada pola Denominación na súa aposta pola capacitación profesional e polo fomento, entre os máis novos, do emprego de produtos autóctonos na elaboración de pratos tradicionais.A IXP Ternera Gallega será, mañá xoves, o prato principal na décimo-cuarta edición do Concurso de Cociña e Coctelaría José Rodríguez-Moldes Rey na que participarán os alumnos do I.E.S. Fraga do Eume, na localidade coruñesa de Pontedeume.Unha cita que permitirá, aos estudantes dos dez centros de hostalaría que participan no concurso, pór en práctica os coñecementos gastronómicos adquiridos nas aulas. O menú estará formado por dous pratos principais, o primeiro deles será arroz con leite, que deberá ser elaborado unicamente cos ingredientes propostos nas bases

do concurso; e o segundo será un prato creativo que terá como base boliche de Ternera Gallega.
Punto de encontro para promocionar os produtos autóctonos de calidade
Alén dun certame para albergar a creatividade dos alumnos, o Concurso pretende converterse nunha xuntanza tradicional de todos os centros de hostalaría de Galicia e nun acto de promoción dos produtos autóctonos, de aí que participen marcas de calidade do sector alimentario galego, como Ternera Gallega. Esta edición conta coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o concello de Pontedeume, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrolterra, entre outras entidades do sector.A participación no Concurso pon de manifesto a aposta de Ternera Gallega pola formación e capacitación profesional, permitindo que as teorías impartidas nas aulas poidan complementarse coa práctica da realidade laboral. Ao mesmo tempo, promove entre os máis novos a utilización de produtos propios da terra para a elaboración dos mellores pratos tradicionais.