Ternera Gallega destaca o papel da comunicación para incentivar o consumo
No XIII Congreso AECOC de produtos cárnicos e elaborados celebrado os días 5 e 6 de marzo en Lleida. Na súa intervención, o director de Promoción e Relacións Externas da Denominación, Luís Antonio Vázquez, subliñou a importancia de achegarlle aos consumidores a orixe, valores e metodoloxía que garanten a calidade dun produto.A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega participou no XIII Congreso AECOC de produtos cárnicos e elaborados, celebrado o 5 e 6 de marzo en Lleida. O director de Promoción e Relacións Externas da Denominación, Luís Antonio Vázquez, realizou unha exposición sobre o papel da comunicación para impulsar e motivar a demanda. Ademais de afondar na importancia de transmitirlle aos consumidores a orixe, os valores e a metodoloxía que garanten a calidade do produto final.O Congreso de AECOC tornouse nunha cita anual ineludible
para todos os integrantes da cadea de valor dos produtos cárnicos. Trátase dunha oportunidade de coñecer máis en profundidade a situación do sector desde todas as súas perspectivas. Unha ampla revisión na que os máximos responsables de destacadas entidades do sector, como a IXP Ternera Gallega, compartiron a súa experiencia, a visión sobre o presente e o futuro do mercado e as súas repercusións económicas e sociais.
Radiografía do sector de vacún de carne Ao longo das dúas xornadas que completaron o Congreso, os expertos do sector realizaron unha completa radiografía tanto da situación actual do mercado como dos factores estratéxicos que inflúen no seu funcionamento. Así, o encontro foi inaugurado cunha análise de mercado e das tendencias de consumo, na que expuxo a evolución do mercado cárnico no pasado 2012 e as tendencias gastronómicas da carne. Nesta primeira xornada tamén se trataron temas como as alianzas estratéxicas e os prezos, dúas claves na senda do crecemento. A segunda parte do Congreso versou sobre o último tramo da cadea de valor: a distribución, promoción e venda. Os relatores clausuraron o encontro abordando a importancia da unión entre a produción e a distribución e a relevante función da comunicación como trampolín de divulgación e promoción para chegar aos consumidores. En definitiva, un percorrido por toda a cadea de valor que proporcionou a oportunidade única de poñer en común os puntos de vista de todos os implicados na mesma para establecer as prioridades e continuar no bo camiño do crecemento e mellora conxunta do sector.