Ternera Gallega coa Formación Gastronómica
A Indicación Xeográfica Protexida foi o ingrediente estrela do XIV Concurso de Cociña e Coctelaría que se celebrou no Instituto de Educación Secundaria (I.E.S.) Fraga do Eume, en Pontedeume. Unha iniciativa apoiada pola Denominación na súa aposta pola capacitación profesional e polo fomento, entre os máis novos, do emprego de produtos con indicativo de calidade na elaboración de novas receitas.A IXP Ternera Gallega foi o prato principal na décimo-cuarta edición do Concurso de Cociña e Coctelaría José Rodríguez-Moldes Rey. Unha cita que permitiu, aos estudantes dos dez centros de hostalaría participantes, pór en práctica os coñecementos gastronómicos adquiridos nas aulas. O prato principal do concurso foi boliche de Ternera Gallega (pez de Ternera Gallega).
Punto de encontro para promocionar os produtos autóctonos de calidade
Alén dun certame para albergar a creatividade dos alumnos, o Concurso pretende converterse nunha xuntanza tradicional de todos os centros de hostalaría de Galicia e nun acto de promoción dos produtos autóctonos, de aí que participaran marcas de calidade do sector alimentario galego, como Ternera Gallega. Esta edición contou coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o concello de Pontedeume, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrolterra, entre outras entidades do sector.Os 10 centros participantes foron: CIFP Paseo das Pontes, IES de Foz, IES Sanxillao, IES de Vilamarín, CIFP Carlos Oroza, CIFP Manuel Antonio, CIFP Compostela, CRP Belarmino Fernández Iglesias, IES Fraga do Eume, Escola de Especialidades Fundamentais da Estación Naval de A Graña (ESENGRA).A presenza de Ternera Gallega no Concurso puxo de manifesto, unha vez máis, a aposta da Denominación pola formación e capacitación profesional, permitindo que as teorías impartidas nas aulas poidan complementarse coa práctica da realidade laboral. Ao mesmo tempo, promove entre os máis novos a utilización de produtos propios da terra para a elaboración dos mellores pratos tradicionais.