Nova campaña de publicidade da IXP Ternera Gallega
A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega esta a desenvolver unha campaña de publicidade e promoción en distintos medios de comunicación durante os meses de febreiro, marzo e abril. O obxecto desta campaña é seguir reforzando a imaxe de calidade de Ternera Gallega, aumentar o seu coñecemento e fomentar o seu consumo.
A campaña consta de tres vertentes:
Na primeira parte da campaña Ternera Gallega está a realizar unha acción en televisión a nivel autonómico que consiste na emisión de spots e caretas de patrocinio nos telexornais da TVG, desde finais de febreiro, todo o mes de marzo e abril, coa promoción de Ternera Gallega Suprema- Carne de Rubia Gallega.
Ternera Gallega está realizando unha acción en TV a nivel autonómico que consiste na emisión de spots e caretas de patrocinio nos telexornais da TVG, desde finais de febreiro, todo o mes de marzo e abril, coa promoción de Ternera Gallega Suprema- Carne de Rubia Gallega. Esta acción específica reforzarase con publicidade en prensa xeral e publicidade no canal horeca.
A segunda acción é a nivel estatal, mediante insercións publicitarias cos slogans “Cóida T” e “Nútre T”, nas revistas de maior impacto social, de saúde e cociña, tanto por tirada como por número de lectores, como son Hola, Pronto, Saber Vivir e Cocina Fácil. Estas accións en revistas empezan na derradeira semana de febreiro e prolongaranse nas consecutivas edicións dos meses de marzo e abril.
Complementando as dúas anteriores, a terceira acción realizarase tamén a nivel estatal, mediante a edición de microprogramas divulgativos na cadea COPE, no programa “La Mañana” de Javi Nieves. Nestes microprogramas farase fincapé nas características organolépticas e nutricionais de Ternera Gallega, seguindo a liña de dirixirse a consumidores que apostan polos hábitos alimenticios saudables, a dieta sá e o pracer de comer alimentos de calidade. Estes microprogramas emitiranse durante os meses de marzo e abril.
Con esta campaña nos medios. Ternera Gallega, pretende conseguir mellorar o grado de coñecemento da IXP e das súas categorías (Ternera Gallega Suprema e Ternera Gallega), estimulando á vez o consumo da carne certificada nos establecementos de venda.