O Consello Agrario Galego avanzou no borrador da futura Lei de mellora da estrutura territorial

O Consello Agrario Galego avanzou no borrador da futura Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia
(medioruralemar.xunta.es 22/04/2013) A conselleira Rosa Quintana presidiu esta tarde a xuntanza deste órgano de participación, asesoramento, diálogo e consulta da Administración Autonómica. Esta norma persegue facilitar a concentración de terras agrarias e acadar a menor cantidade posible de terreos abandonados facilitando aos seus propietarios o seu aproveitamento, venda ou mesmo a cesión ao Banco de Terras de Galicia.A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, presidiu esta tarde a xuntanza do Consello Agrario Galego, que entre outros asuntos avanzou nos traballos do borrador da futura Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga).Rosa Quintana explicou que esta norma ten como obxectivo fundamental mellorar a actual lexislación sobre concentración parcelaria en dous sentidos: por un lado, facilitar a concentración de terras e, por outro, acadar a menor cantidade posible de terreos abandonados. Engadiu que esta lei favorecerá a posta en valor destas terras, facilitando aos seus propietarios o seu aproveitamento, venda ou mesmo a cesión ao

banco de terras de Galicia.
Paquete lácteo
O Consello Agrario, órgano de participación, asesoramento, diálogo e consulta da Administración Galega, fixo tamén esta tarde un seguimento dos avances acadados en relación co chamado “paquete lácteo” en aspectos coma os prezos ou os contratos homologados.Nesta reunión, os responsables de Medio Rural e Mar deron a coñecer tamén aos representantes das organizacións profesionais agrarias o informe analizado recentemente polo Consello da Xunta no que se reflicte que Galicia está oficialmente libre de brucelose na súa cabana de ovino e cabrún. A conselleira dixo, neste sentido, que se está avanzando nos trámites para conseguir que a UE decrete tamén que a nosa Comunidade está libre da enfermidade no gando bovino.