Orde do 15 de abril de 2013 pola que se establecen as bases
ORDE do 15 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas destinadas á implantación de sistemas de autocontrol nos mercados de gando da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2013
(mediorural.xunta.es 23/04/2013) Os mercados de gando manteñen unha importante función dinamizadora do sector agrogandeiro galego e é indubidable a súa importancia económica e social, xa que se fan mesmo imprescindibles na implantación de prezos de referencia do gando, favorecendo deste xeito a regularización do comercio e, en definitiva, da renda dos gandeiros.