A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca as axudas para programas

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca as axudas para programas desenvolvidos polos consellos reguladores
(medioruralemar.xunta.es 16/05/2013) O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio desta orde de achegas para a que se destinan preto de 190.000 euros.O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2013. A dotación orzamentaria para este ano ascende a 189.860 euros, podendo ser incrementada con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. Estas achegas van destinadas á mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade ou acollidos á produción ecolóxica.
Beneficiarios das axudas
Os consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentaria existentes en Galicia poderán acollerse a esta liña de axudas. As actividades subvencionables serán todas aquelas actuacións encamiñadas a garantir a calidade e a orixe dos produtos da correspondente denominación.
Tamén serán subvencionables as actuacións en estudos, investigacións e desenvolvemento de programas encamiñados á mellora da calidade dos produtos obxecto de protección; así como os gastos derivados dos mesmos. O prazo de solicitudes para esta convocatoria é dun mes a partir de mañá.