A IXP e a Xunta únense nunha campaña de promoción nacional da Suprema  

O Consello da Xunta aprobou un convenio de colaboración co Consello Regulador para a promoción en toda España da categoría comercial Ternera Gallega Suprema. Unha campaña que contará cunha inversión global de 1,4 millóns de euros, dos que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria achegará 700.000 euros e Ternera Gallega outros 700.000.

Co obxectivo de incrementar a sensibilización do consumidor respecto ao vacún galego con calidade diferenciada, este acción promocional desenvolverase a nivel nacional, centrándose nas cualidades distintivas da carne amparada baixo a etiqueta de Suprema

Abarcará diversos medios, como televisión, prensa e radio, ademais das redes sociais e as accións publicitarias nos puntos de venda. Como indica o goberno autonómico, a campaña busca ser un "revulsivo" ante a situación do sector polo incremento dos custes de produción.